Tarxeta Cliente


Establecemento

Coñece a tarxeta do CCA Ferrol - A Magdalena
21 Ene 2010 | CCA Ferrol - A Magdalena

Que é a tarxeta do Centro Comercial Aberto Ferrol - A Magdalena?

É unha tarxeta de fidelización, de cliente preferente.

Que vantaxes te achega?

A tarxeta funciona como un moedeiro común. Cada vez que compres nas empresas asociadas ao sistema, e presentes a túa tarxeta, acumularás descontos que poderás usar en seguintes compras. Poderás pagar directamente, co desconto acumulado, o total ou parte das túas compras.

Poderás participar e beneficiarte de promocións especiais, agasallos e campañas que o CCA vai realizar a través dela.

Poderás dispor de tarxetas agasallo.

É gratuita e non ten custo de mantemento.

Como podo pedila?

Enche o cupón que atoparás nos establecementos asociados ao sistema, e entrégao alí mesmo. É importante que cubras tódolos campos que aparecen nel. Nuns días recibirás, de maneira totalmente gratuíta, a túa tarxeta personalizada na casa.

Como consulto os meus descontos?

A través de www.ccaferrol.org. Cando recibas a túa tarxeta accede á túa conta persoal a través do formulario que se atopa na páxina principal, á esquerda. Só precisas o teu número de tarxeta e o teu contrasinal.

Tamén poderás preguntar polo teu saldo nos establecementos asociados ao sistema.

Como sei que comercios participan?

Os nosos comercio adscritos ao sistema da tarxeta teñen un adhesivo identificativo na porta.

Iniciar sesión

Centro Comercial Aberto de Ferrol-A Magdalena
Rúa Sol 143, 1º.
15401 Ferrol. A Coruña

ccaferrol [arroba] ccaferrol [dot] com
Tel. 981 364 036
Páxina cofinanciada pola