Tarjeta Cliente


Establecimiento

Bandeiras e camisetas enchen de vermello a Praza de España
30 Xun 2010 | Diario de Ferrol

futbol

A retransmisión dos partidos do Mundial de fútbol nunha pantalla xigante na praza de España foi gañando en interese segundo avanzaban as horas. Se no Brasil-Chile do luns había uns poucos afeccionados e algún que outro sorprendido que pasaba por alí e quedou a ver o encontro, a tarde de onte resultou moi diferente. A xente vestida con camisetas da selección española (sobre todo nenos e rapaces) viuse pola cidade desde pola mañá, pero a partir das catro, coa retransmisión do partido entre Paraguay e Xapón, a cor vermella intensificouse e na praza de España comezou a congregarse a mocidade, coa bandeira na man e ás costas o nome do seu xogador preferido. Aguantando un sol de xustiza no solarium ó aire libre no que se converte esta praza nas horas centrais do día, os seguidores da selección española viron con interese pero con pouca paixón o encontro de octavos de final que gañaron os paraguaios nos penaltis. Non había favoritismo entre os que sentaban nos bancos, se arrimaban ás barras ou tomaban algo nas terrazas, pero iso non impedía tocar de vez en cando as trompetas. Ó remate, algún tímido aplauso.
O ambiente foi medrando conforme se achegaba a hora de comezo do España-Portugal, co público animado polos vídeos musicais do momento. Co pitido inicial: as rúas baleiras, os bares cheos, a respiración contida, os berros, as faltas que non se pitan, as ocasións falladas, Torres, Ronaldo... Din que o fútbol é así.

Iniciar sesión

Centro Comercial Aberto de Ferrol-A Magdalena
Rúa Sol 143, 1º.
15401 Ferrol. A Coruña

cca [arroba] ccaferrol [dot] com
Tel. 981 364 036
Páxina cofinanciada pola