Comercios que contan historias
HISTORIA
ACTIVIDADES
ESTABLECEMENTOS
CONTACTO
Breve Historia do comercio na cidade
Colaboración de Esperanza Piñeiro de San Miguel, historiadora, para a campaña ”Comercios que contas historias».
Ferrol naceu como un castro en Curuxeiras que semellaba que emerxía do mar, e os primeiros intercambios comerciais facíanse sobre todo por troco.
A vila medieval amurallada
Sabías que...?
Naves venecianas recalaban en Ferrol cando facían a Ruta de Flandes de comercio marítimo internacional. Aquí vendían panos, sedas e especias traídas de Oriente, e mercaban sardiñas salgadas, viños, coiros, madeira.Os venecianos facían escala en Ferrol, e os xenoveses na Coruña xa que, pola tradicional competitividade e inimizade entre eles, evitaban coincidir no mesmo porto.
Sabías que...?
As mulleres no comercio. Desde antigo e ata o século XX, a venda de produtos locais de proximidade, procedentes de toda a comarca, era realizada sobre todo por mulleres. Con cestos á cabeza e a pé percorrían as rúas e pregoaban a venda de peixes e mariscos, leite, produtos agrícolas e gandeiros, leña, area… Subministraban ás tendas, vendían polas casas e en postos no chan.
Ilustración de Richi Perez. Artista que explora a pintura de diferentes maneiras combinando o seu traballo como pintor, con performances en colaboración con artistas en diferentes países.
O barrio dezaoitesco da Magdalena
A vila medra coa instalación do arsenal e estaleiro no século XVIII, que xerou enorme actividade da industria naval e incremento poboacional. Desde 1752 edificouse o barrio da Magdalena (co nome dunha pequena ermida preexistente) para vivendas das clases medias, funcionarios e militares, e axiña se converteu no principal barrio comercial da urbe.
A Feira mensual de cada terceiro domingo na vilamariñeira (Ferrol Vello) por Real Cédula de 8-8-1769 trasladouse á praza de Dolores (Amboage desde 1896) e deseguida pasouá praza de Armas, ata que en 1901 Concello decidiu levala ao seu emprazamento actual.
O mercado diario realizábase na praza de Dolores (Amboage) en barracas, casetas e postos no chan. En 1893 inaugurouse o edificio do Mercado Central, e en 1923 a Peixaría (con planos de Ucha Piñeiro de 1910).
Sabías que...?
Produtos ultramarinos eran ofertados pola gran relación de Ferrol coas colonias e terras americanas debido ás estadías de mariños españois alá e ao comercio marítimo. Ademais das tendas de comestibles (denominadas de “ultramarinos”), nos comercios podíanse atopar mercadorías procedentes de Cuba, Filipinas e outros países, como mantóns de Manila, panos, xoias, abanos ou louzas de exóticos lugares.
Sabías que...?
Os “Fielatos” eran casetas onde un empregado vixiaba para cobrar os impostos de consumos ás mercadorías de “comer, beber e arder” (tanto as grandes cantidades, como as contidas nos cestos á cabeza das mulleres da bisbarra). Estaban situados a carón das portas da muralla da cidade levantada no século XVIII e derrubada por tramos desde principios do XX.
O Barrio da Magdalena e o progreso de Ferrol
Desde o século XIX, o barrio da Magdalena consolídase como o motor económico, comercial, social e cultural. Ofrece servizos a unha poboación dinámica, xa que Ferrol é pioneira en Galicia en ciencia, técnica e cultura, con título de Cidade por R.D. 13-10-1858. Nas súa rúas paralelas e transversais, trazado coñecido popularmente como “tableta de chocolate”, conviven numerosos negocios familiares de variadas ofertas: de venda, fabricación ou reparación, de imprenta, servizos, ocio ou restauración.
Sabías que...?
Antecedente popular da «tarxeta de crédito»: Tendas e comercios tiñan cadernos onde apuntaban os nomes dos clientes (xeralmente mulleres) e os produtos adquiridos “a fiado”. A débeda era saldada a principios de mes cando se cobraba o salario, e mesmo pagábase a prazos.
Sabías que...?
En 1912 nace a primeira «Asociación General de Dependientes de Comercio». Era mixta aínda que as mulleres eran a maioría neste tipo de traballo e, se estaban casadas, para ser contratadas polos comerciantes precisaban o consentimento do seu home. En 1912 reivindicaron a aplicación dunha lei que se acababa de promulgar, vulgarmente chamada “Ley de la silla”, que obrigaba ao empresario a facilitar ás traballadoras unha cadeira para sentarse un pouquiño tempo cada hora. En 1918 esta lei fíxose extensiva aos homes.
Avanza o século XX e XXI: O barrio da Magdalena, corazón da cidade
Colorido, vistosidade, bulicio, rúas repletas de tendas, negocios, letreiros luminosos, movemento de xentes no barrio da Magdalena, queé o corazón da cidade, cun comercio de calidade que dinamiza e atrae a compradores dos novos barrios polos que se expande a urbe, e tamén procedentes das comarcas próximas.
Hoxe o barrio da Magdalena reinvéntase como símbolo de modernidade. Os establecementosde máis raizame e tradición renóvanse, e nacen novas tendas decoradas con primor. Un paseo ao aire libre por beirarrúas ou por rúas peonís, entre escaparates e terrazas da hostalería, entre edificios clásicos, modernistas ou recentes e prazas acolledoras.
Oferta ampla, deseño e innovación, comodidade e trato amable son os distintivos do Centro Comercial Aberto Ferrol-A Magdalena.
Desde 2010 o Centro Comercial Aberto Ferrol-A Magdalena (ACOF) promove o desenvolvemento e defensa do comercio local, a dinamización das rúas e o progreso da cidade.
ACTIVIDADES
Comercios que contan historias
O teu comercio local é extraordinario
3 e 4 de outubro
Nos comercios do Centro Comercial Aberto Ferrol-A Magdalena
Nos bares e restaurantes da Asociación de Hostalería de Ferrol
Compra nos nosos comercios, dende 22 setembro ao 4 de outubro, e Gaña
1 Cheque de 1.000 €, 1 de 500 €, 5 de 100 €
ACTIVIDADES CENTRAIS
Na carpa da praza de ARMAS
VENRES 3 e SÁBADO 4
- Punto de información. Carpa.
- Ruleta Xigante, con premios.
- Visitas guiadas pola historia do comercio.
- Concurso hostalería “A mellor tapa da historia”.
SÁBADO 4
- 20:30h. Concerto «NUEVO PLAN».
- 21:00h. Sorteo presencial de «Premios con historia».
2.000€ en premios!
ACTIVIDADES POR RÚAS E TEMÁTICAS
COMERCIO ILUSTRADO
Rúas Magdalena – Igrexa- Pardo Baixo – San Amaro
VENRES 3
- 17:30 h- 20:00 h. Visita do Rei Fernando VI e os seus bufóns. Personaxes Ilustrados e pasarrúas.
- 17:00h-20:00h. Xogos tradicionais e pasarrúas.
- 17:00h-20:00h. Trío de Voz , violín e piano (Magdalena-Coruña).
SÁBADO 4
- 11:00h-13:30h. Cuarteto de Vento. Pasarrúas
- 17:00-19:00h. Visita do Rei Fernando VI e os seus bufóns.
- 17:30-20:00h. Xogos tradicionais. Pita Cega e pasarrúas.
- 17:00h-20:00h. Cuarteto de Vento. Pasarrúas.
COMERCIO NO CAMIÑO
Rúas Real – Gravina – Arce – Lugo
VENRES 3
- 18:00 h. Na busca do Tesouro do Peregrino. Pasarrúas.
[17:30h apúntate na Praza de Armas]
- 17:00 h-20:00 h. Cuarteto música folk. Pasarrúas
SÁBADO 4
- 11:00 h-13:30 h. Cantareiras. Pasarrúas
- 17:30 h – 19:00 h. Cuarteto folk Agarimo. Pasarrúas.
- 18:00 h. Na busca do Tesouro do Peregrino. Pasarrúas.
- 19:00 h – 20_00 h. Banda de Gaitas Agarimo. Pasarrúas
[17:30 h apúntate na Praza de Armas]
O COMERCIO CONTA LENDAS
Rúas Dolores – Galiano – María – Sol – Coruña
VENRES 3
- Teatro de lendas e contacontos con «Maquinarias Teatro».
LOCALIZACIÓNS:
- 17:00 h. Galiano, 71
- 17:30 h. Dolores, 56
- 18:00 h. Terra, 19
- 18:30 h. Dolores, 21
- 19:00 h. Dolores, 56
- 19:30 h. Galiano, 71
SÁBADO 4
- Teatro de lendas e contacontos con «Maquinarias Teatro».
LOCALIZACIÓNS:
- 11:00 h. Terra, 19
- 11:30 h. Dolores, 38
- 12:00 h. Dolores, 56
- 12:30 h. Galiano, 71
- 13:00 h. Dolores, 38
- 17:00 h. Dolores, 56
- 17:30 h. Terra, 19
- 18:30 h. Dolores, 56
- 19:00 h. Terra, 19
ESTABLECEMENTOS
Establecementos participantes por temáticas
COMERCIO ILUSTRADO
Rúas Magdalena – Igrexa – Pardo Baixo – San Amaro
- Joyería Fidalgo
- Meudent
- Kenia
- Tejidos Patri
- Unigraf
- Farmacia Oreona
- Casa Amador
- El Fenix
- Opticalia Callao
- Medias Isabel
- Zahara
- Casalexo
- Clínica Álvarez Martín
- Magdalena
- Maikegea
- Jhonny´s BarberShop
- Chloe Professional Style
- Obradoiro de Gaitas
- Acevedo
- Fotos y copias
- Electricidad ferrolterra
- Casqueiro
- Outlet Centros Ferrol
- Area Oasis
- Polisón
- Niebla
- Carmen Seoane
- Joyería Rosende
- Mercería Pombal
- Kiwi
- Seven
- Orixe
- Buena Pinta
- Iluminación António
- Clef Música
COMERCIOS NO CAMIÑO
Rúas Gravina – Arce – Real
- Paramés
- Sisterciñas
- La Casa de los Regalos
- Barminton
- Urban Style
- Waves
- Cloti & fifi
- Vicky Nores
- Parada Dulce
- Centro piel
- LPera
- Olivares
- MyL
- Opticalia Callao
- Ángel Lozano
- Acevedo
- La Premiere
- Matilda
- Martinez Pardo
- La Premiere
- Vitaldent
- General Óptica
- Bolsos Máis
- Dolores Lola
- El Derby Café
- Perfumería Ana
- Cogaes
- Algodón Azul
- Telas Outlet Carsip
- Carsip niños
- Pronovias
- Perfumería Alica
- Salón Marina Allegue
- Peluquería Sabi
- Electrodomésticos Gato
- Óptica Aneiros
- Ortopédia PRIM
- El Baúl de la Abuela
COMERCIOS DE LENDA
Rúas Dolores – Galiano – María – Sol
- Escola da Vaca
- Outlet o Corte Inglés
- Papelera Ferrolana
- Spot Surf
- Viajes Barceló
- Chavs
- Ferrolsport
- Novalux
- Perfumería Alica
- Viajes Galitur
- Óptica Rey
- Aldine Imprenta
- Floristería la Ilusión
- La Selecta
- Psicólogo María
- Joyería Ferrer
- Seguros Ferrín
- Óptica Noroeste
- Viajes Paco
- Lashes & More
- Espacio Vivo
- O Carabel
- O Cabazo
- Don Bodas.
- O Galo
Contacto
Dirección
Sol, 143-145 1º Izq. 15401
Ferrol (A Coruña)
Teléfono
981 364 036
cca@ccaferrol.com
